Quantcast
Channel: Economía | Vive As Pontes
Viewing all articles
Browse latest Browse all 41

AS PONTES RECIBE 13 MILLÓNS DE EUROS PARA O REFORZO DA SUBMINISTRACIÓN ENERXÉTICA QUE GARANTE OS PROXECTOS INDUSTRIAIS DO MUNICIPO

$
0
0

As Pontes, 15 de decembro de 2023. As Pontes recibirá do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico 13 millóns de euros para a creación dunha nova subestación de 400kV que reforza a subministración enerxética e “garante os proxectos industriais planificados para As Pontes. Proxectos como os de Ence, Reganosa ou Sentury Tire, que teñen garantida a subministración na súa primeira fase, agora tamén teñen garantía nas seguintes fases previstas nas súas programacións dos seus proxectos” apunta Valentín González Formoso, alcalde das Pontes.

Nese sentido o rexedor agradeceu o compromiso do Ministerio cos proxectos das Pontes e esta achega de “trece millóns de euros que se suman aos 22,5 millóns de euros concedidos a Reganosa, aos 15 millóns de euros concedidos a Universal Kraft, que xunto con outras aportacións que chegarán, nos dan armas para que os proxectos industriais vaian avanzando con seriedade. Son proxectos complexos, que non dependen do Concello pero que requiren da confluencia da actuación de distintas Administracións e que algunhas delas aporten fondos como é o caso do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico”

Asi mesmo González Formoso lembrou que modificación ao Plan de desarrollo de la red de transporte eléctrica 2021-2026 da resposta a “unha demanda que tiñamos sobre a mesa, que no só afecta As Pontes senón a toda a comarca e a trece enclaves industriais dos máis importantes de Galicia que precisaban dun reforzo da subministración enerxética ou de novas redes que garantan as necesidades dunhas industria que cada vez consumen máis enerxía e que requiren estabilidade nesa subministración”.

A modificación ao Plan de desarrollo de la red de transporte eléctrica 2021-2026, que se atopa desde onte en fase de consulta publica, busca dar resposta ás necesidades asociadas á transición enerxética que levan aparelladas novos proxectos industriais de gran envergadura, de carácter estratéxico, con gran capacidade de impulsar o crecemento económico e o emprego.

O investimento para As Pontes inclúe, tanto elementos que exercen unha función de conexión á rede de transporte como os desenvolvementos precisos para atender a necesidades relacionadas coa seguridade da subministración e coa construción de instalacións na rede de transporte esenciais para a transición enerxética e que non estaban e contempladas no instrumento de planificación vixente.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 41

Trending Articles


ESTESÍCORO [15.607] Poeta de Grecia


ISIDORO CAPDEPÓN FERNÁNDEZ [18.115]


FELIPE MACHMAR [19.994]


LUNAMIA ROCÍO JIMÉNEZ PÉREZ [19.590]